jueves, 26 de marzo de 2020

VENRES, 27 DE MARZO DE 2020: CIENCIAS NATURAIS

Ola chicos e chicas, como vai todo? Agora que non podemos vernos na clase tedes que ser moi maiores e tentar facer as cousas vós soíños/soíñas, pero se tedes algún problema podedes mandarme un correo a cuartocarnota@gmail.com 
  O martes propúxenvos ler as pñáxinas 78 e 79 do libro e facer o exercico 1. Supoño que o teredes feito, entón se vos parece, antes de nada imos correxir.

Correximos: 
1.- A vexetación é o conxunto das plantas que vive nunha zona. Na nosa zona a vexetación predominante é o bosque e a matogueira.

Traballamos: 
 Hoxe imos falar de animais acuáticos. Seguro que xa sabes moitas cousas, por exemplo que hai animais que viven na auga salgada e que hai outros que viven na auga doce. Tamén sabes que algúns respiran dentro da auga e outros precisan saír á superficie para respirar. 
  Pois o que tes que facer hoxe é moi doado. Vas ler as as páxinas 80 e 81 prestando moita atención. Ao mellor precisas facelo duas ou máis veces  para entender ben o que din.
  Logo vas facer un debuxo mariño parecido ao que ven no libro. Recorda que no mar non so viven peixes, tamén hai mamíferos mariños, moluscos, artrópodos,... Cantos máis animais poñas máis chulo vai quedar.
  Podes inspirarte neste, aínda que seguro que ti o fas moito mellor:

                     

  Se me mandas o debuxo ao meu correo eu verei de publicalo nesta páxina  a semana que ven.

PENSAMOS: (No debuxo tes unha pista) 
Vivo no mar sen ser peixe,
teño ósos, non espiñas,
como cangrexos e luras,
tamén polbos e sardiñas.
Salto e salto sen fin
Porque son un......
   
 E ata aquí chegamos. Disfrutade a fin de semana. Vémonos o martes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...