sábado, 18 de julio de 2020

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA!
Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.
 A ver se vos ides animando e enviades  os que quedades as vosas cosechas de amorodos.
Lola











PLANTA DE AMORODOS DE INÉS

jueves, 16 de julio de 2020

AMORODOS DE SABELA E MANUEL

OLA A TODOS E TODAS QUE VOS CONECTEDES:

Que tal de verán? De marabilla, non? Moita praia,  e diversión, supoño. Así me gusta, a cargar as pilas.
Voume dirixir a Manuel e a Sabela para pedirlles disculpas por non ter publicado antes as súas colleitas de amorodos. Que... vaia colleitas! Pero estiven un pouco liada porque eu fun AVOA por primeira vez e estou tan contenta que vos abandonei un pouquiño. Teño un netiño que se chama Daniel e con mirar  para el xa tiven abondo que facer. Espero que me entendades. 
 Agora   mirade estes saborosos amorodos! Humm... que ricos!!
                                                                               









AMORODOS DE SABELA





























AMORODOS DE  MANUEL












Espero máis fotos  das vosas plantacións.

Un abrazo, Lola

jueves, 18 de junio de 2020

FIN DE CURSO!!!

 OLA!!

Xa é o ultimo saúdo deste curso. 


Envieivos a REVISTA LIÑEIRAS  deste ano. Supoño que xa lle botarías unha ollada  para ver os vosos traballos ("Libros favoritos" e "Carteis de publicidade") e tamén os dos outros rapaces e rapazas porque hai cousiñas moi interesantes.



No Concurso de Borrajanchos  non houbo ningún premiado da nosa clase. Non sei se nos enviastes ou se non estaban tan ben coma os d@s gañador@s. Xa volos enviéi por  whatsapp, para que vos fixedes o que se valora  e así o ano que ven telo en conta.



MIRADE O SEGUINTE VÍDEO DE OUTRA "ERIA" (como dícía unha coñecida) ERA.






Este grupo tan curioso chamábase "Parchís", e era o que estaba de moda hai xa  bastantes anos entre os rapaces. Hoxe resulta un pouco anticuado, pero.  o tema ven que nin pintado porque:



POR FIN REMATAMOS O CURSO 
(DAMOS PUNTO = VACACIÓNS).


E certamente este ano temos ben merecidas unha boas vacacións. Este curso foi complicado para todos : para vós, para as vosas familias e tamén para os profes. Vós traballando sós diante dunha pantalla, as vosas familias facendo de profesores e profesoras sen deixar de ser nais, pais, avós, avoas, irmáns, irmás,... e os profes e as profes máis perdidos que un polbo nunha garaxe.
Sodes uns campións e campionas, eu estou moi orgullosa de todos e todas vós e síntome afortunada de contar cunha clase tan marabillosa. Vós tamén tedes que considerarvos afortunados por ter as familias que tedes, que tiveron que duplicar ou incluso triplicar o seu esforzo asumindo papeis que non lles correspondían. 
E por iso que hoxe non so toca recoñecer o voso esforzo, senon tamén agradecer o seu. E aínda que eles e elas saben o agradecidos e agradecidas que estades penso que non sería mala idea demostrarllo dalgunha forma. A min ocorreuseme facerlles uns diplomas. Vós saberedes a quen entregar o diploma de "Super....", tamén podedes decidir se entregar un ou varios. Eu déixovos un par de modelos para cubrir e vós xa decidides: 


O premio para o voso esforzo está nos boletíns, cunha notazas das que penso non ides ter queixa, e que gañáchedes a pulso. Tamén, e para que non vos sintades discriminad@s, ides ter o voso diploma, porque  este curso tamén o tedes merecido. Así que por favor, vaian subindo, virtualmante, por suposto, ao escenario a recoller cada un/unha o seu (antes deben completalo co seu nome e apelidos):






AGORA COMO FIN DE FESTA TEDES QUE ACTUAR CANTANDO EN VERSIÖN KARAOKE  " A SAIA DE CAROLINA"



Antes de rematar uns cuantos avisos:
  • En Abalar tedes os boletíns coas notas. Noraboa de novo!
  • Na páxina web do colexio están xa a vosa disposición: A revista "As Liñeiras", Nº 15, As historias gañadoras de "Mareando Historias", O vídeo do "III Jran premio de Borrajanchos" e a "Guia de lecturas recomendadas".  Xa vos enviei todo por correo ou en whatsapp
  • No voso correo tedes o modelo dos vosos diplomas  e os modelos de diplomas para os vosos familiares  por se os queredes imprimir.
  • Este blogue non vai pechar durante o verán, se queredes mandar debuxos, fotos, traballos,... gustosamente os publicarei.
  • A conta de correo e o meu teléfono están sempre disponibles para vós. 
  • E por último o máis importante: DISFRUTADE DO VERÁN TODO O QUE POIDADES!

martes, 16 de junio de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES E XOVES, 17, 18 DE XUÑO

Bo día !

Os gatos quedáronvos chulísimos!!

Máis relaxados , non?

Merecedes   o tempo de descanso e de ocio, despois do esforzo. 
Onte a profe Cris púxovos as correccións de Naturais que quedaban sen facer, digóvolo porque neste momento,  cando estou escribindo isto,  so un/unha de vós accedeu a  esa entrada, é por se non a vistes. Tampouco nada máis que cinco alumnos/as  viron as correccións que puxen eu, (téñovos contolados/as 😊😊). Bueno, se non mirastes é porque xa sabías que tiñas todo ben, ah que sí?

 Dicirvos que se durante o verán, queredes enviar algunha  noticia que vos gustaría  compartir cos vosos compañeiros /as, enviades o texto,  a foto, o que sexa ao meu correo e eu súboa ao blogue. Por exemplo, cando vos nazan as fresas, ou outra nova calquera que vos faga ilusión  que os demais a saiban.

No verán son vacacións , pero durante as vacacións lense libros divertidos ( de texto NON), por eso é importante que todos os días leades algún conto, capítulo dun libro, cómic... porque  o ler ademais de ser entretido, válenos para que durante o curso entendamos mellor todo.
Vouvos enviar  a Guía de Lectura do verán aos vosos correos e póñela no blogue, por se vos sirve para orientarvos  nas lecturas.

As notas, en xeral,  son boísimas , tiven  moi en conta o traballo que fixestes neste tempo de confinamento e fíxose media coas outras avaliacións. Enviaranse o venres, creo,  por Abalar. 



Para o ano que ven ides ter que aguantarme a min outra vez. Ao mellor a vós non vos fai moita ilusión pero direivos que a min si, porque este ano estiven moi contenta sendo a vosa titora.




Despois deste testamento (rollo patatero) imos coas últimas actividades.


 GÚSTAVOS O CINE, VERDADE?  



Pois imos ver  unha de libros!

Que vos pareceu?  Non se poden literalmente"comer" pero si devorar porque  todo, todo, todo está nos libros!! Si, sí en Internet tamén, pero para que haxa Internet tivo que haber libros .

Agora unha de fútboool!!



Un final  con algo de repelús, non?


Solución ás diferenzas



ATENCIÓN:

ATOPADE A XIRAFA QUE NON TEN XEMELGA , FIXÁNDOVOS NAS MANCHAS.



CURIOSIDADES  SOBRE AS XIRAFAS


  • Son animais mudos , non ten voz, so tosen para conquistar á parella.
  • A lingua de medio metro de longa, ademais de usala para coller cousas,  limpa as orellas e o nariz con ela para oir e ulir mellor.
  • Durmen entre 5 minutos diarios e 2 horas como moito.
  • As manchas de cada animal son diferentes das de outro.
  • En cada paso avanzan 4 metros ou máis.
  • ( ...)
BUSCA OS ANIMAIS QUE ESTÁN DEBAIXO.

LABERINTO


Xa sabedes que o ano pasado fixo 50 anos da chegada á Lúa  de Neil Armstrong, Edwin Aldrin e Michael Collins  na nave Apolo XI

Vós, a viaxar para alcanzar  estes astros.



MANDALAS

Son debuxos xeómetricos concéntricos que ten a orixe na India e din que nos axudan a  concentrarnos, a entreternos, a calmarnos, a ser pacientes, a manter o orden, a ser perseverantes, a prestar atención, a ser creativos... Cantas cousas!!

Escollede unha destas dúas (ou as dúas) e pintádea.
Se vos apetece enviádema, pero non ten porque ser hoxe nin mañán cando a teñades

Mandala de xirafa



Mandala dos unicornios




POR  ÚLTIMO,  CLICA:

REMATAMOS ESTE CURSO; PERO O VENRES  MIRAREDES PORQUE SE CADRA... HAI ALGUNHA SORPRESA.
 CHICOS, CHICAS : ATA QUE NOS VEXAMOS







MARTES, 16 DE XUÑO DE 2020: CIENCIAS NATURAIS

















Bo día chicos e chicas, como xa sabedes quedan moi pouquiños días de clases, e hoxe vai ser a última de Ciencias Naturais de Terceiro.
Quero dicirvos que estiven moi contenta de ser a vosa profe este ano, que sodes unha clase estupenda e moi traballadora. Espero que vós tamén gardedes un bo recordo das horas que pasamos xuntos, e da profe que comía mazás mazás "pazpadilla". 
 Aínda que non nos dou tempo a rematar o programa, espero que polo menos quedasen claros alguns conceptos fundamentais que vos van servir de base para próximos cursos. Pero non vos preocupedes, cuarto é o mesmiño que terceiro, pero un pouquiño máis, e vós estades capacitados de sobra para pasalo con éxito. Se non recordo mal, quédanos unha fichiña por correxir, pos imos aló:

Correximos:

1.- 
  • O lombo está sostido pola columna vertebral.
  • A nosa postura debe manter o lombo recto.
2.- Rodear:lavar os  dentes co lombo recto,sentarse co lombo recto e apoiado no respaldo da cadeira e dobrar as pernas e non o lombo para levantar un obxecto pesado.
Estas son as posturas correctas porque manteñen o lombo recto e preveñen lesións na columna vertebral.

3.Riscar«Antes de durmir».
Hai que lavar as mans antes de comer, despois de ir ao baño e despois de xogar cunha mascota. 

4.- 
  • O lecer é o tempo libre.
  • Algunhas actividades de lecer pódense realizar a soas, e outras, con máis persoas.
  • As actividades de lecer poden ser educativas.
  • Podemos gastar parte do noso tempo de lecer cos videoxogos.
  • Cómpre durmir ben para estar descansado e cheo de enerxía.
  • Un neno de 3.a de Primaria debe durmir unhas dez horas diarias 
E agora si, amigos e amigas, temos que despedirnos ata o curso que ven. Recibide unha aperta "virtual" da profe Cris, e para recordar os bos hábitos saudables, vexamos este vídeo da nosa amiga "A Pantera Rosa"


E AGORA SI:



DISFRUTADE MOITO DO VERÁN.






domingo, 14 de junio de 2020

ACTIVIDADES LUNS E MARTES, 15, 16 DE XUÑO

Bo día rapaces e rapazas !
 Xa estamos na recta final, podemos dicir que xa estamos na meta ! Chegamos con moitos obstáculos pero fomos capaces de ir vencéndoos pouco a pouco. A min tamén me custou chegar; non pensedes que so vós tivestes dificultades, eu tamén as tiven. Pero agora tod@s content@s porque dispois desta mala experiencia aprendemos  moitas cousas.

Supoño que xa verías as correcións do traballo noutra entrada e tamén a entrada de "A agricultura en Carnota", ( xa era hora). O que pasou e que tiña pensado enviárvola e non a publicar , pero cambiei de parecer e aí está a entrada cos  vosos traballos.

Esta semana  vou a poñer unhas actividades  a modo de pasatempos: estas para luns e martes e as últimas que poña para mércores e xoves.

PREPARÁDEVOS  PARA VER UNS VÍDEOS:







A VER QUE CONCLUSIÓNS SACADES:



 


QUE?  NON PODEMOS FACER XUIZOS SOBRE PERSONAS  QUE NON COÑECEMOS PORQUE DISPOIS LEVAMOS  SORPRESAS, QUE PODEN SER MARABILLOSAS!





QUE OPINADES DO QUE VISTES?



IDES A  CLICAR EN:  PAPIROFLEXIA PARA FACER UN GATO (PODES FACER SO A CARA, OU TODO O GATO;  SE CHE APETECE , ENVÍAO.



BUSCA AS 20 DIFERENZAS:






                                                                                                
REMATAMOS CON DÚAS TIRAS CÓMICAS DE DAVILA:











ATA MÉRCORES , CHICOS , CHICAS!!












.

LUNS, 15 DE XUÑO: CORRECCIÓNS PENDENTES

Ola chicos e chicas !
Nesta entrada vou a poñer  as correccións  que estaban  pendentes porque xa non imos facer máis fichas, nin máis deberes. Esta semana vai ser  de actividades de lecer,  de pasatempos... de diversión!

..

CORREGIMOS MATEMÁTICAS
" Ponte a prueba",  página 13
1.7
Coche  ⇒ 1.600 personas ; tren ⇒ 600 personas; avión  ⇒ 1.000 personas; autobús  ⇒ 400 personas ; barco  ⇒ 200 personas.
!.600 + 600 + 1.000 + 400 + 200 = 3.800 personas  a las que se le hizo la encuesta.
1.8
1.600 + 600 + 400 = 2.600 personas viajaron por tierra.
1.9
1.000 + 200 = 1.200 personas que viajaron por aire o por mar.
1.10
5,70 x 1.000 = 5.700 €  que se   pagaron en tasas  por viajar en avión.
1.11
En cada coche  caben ⇒ 5 personas
1.600 :5 = 320 coches  se utilizaron, como mínimo, para llevar a las 1.600 personas.

CORREGIMOS LENGUA FICHA
1.-
escribir, subir, recibir, prohibir, describir.

2.-
"Hablar por los codos".
"Todo lo habido y por haber".
"Hacer de menos"

3.-
Después haré unas actividades relacionadas con el ocio. (Verbo en futuro)
El próximo lunes ya estaremos todos de vacaciones. (Verbo en futuro)
Anteayer celebraste el cumpleaños de tu abuela en un restaurante. (Verbo en pasado)
El martes pasado fui a la playa con mis compañeros y compañeras de clase. (Verbo en pasado)

4.-
Pasado: El mecánico arregló un coche de color rojo.
Presente: Vosotros jugáis el partido vestidos,de azul.
Futuro: La pintora expondrá los cuadros en el salón de actos.

5.-
 Campo semántico de "árboles": pino, roble, castaño, naranjo, abeto.
 Campo semántico de  "flores": margarita, rosa, azucena, clavel, dalia.

CORREXIMOS LINGUA

A noticia  das carrilanas era do ano 2013   e era a edición 26. 
Dende o 2013 ata o 2020 pasaron  7anos, polo tanto este ano será: 26 + 7 = 33 edición, é dicir,  a trígésima terceira edición´

FiCHA
1.-
zapato, home, ollos, casa , nariz, gotas.

2.-

3.-
1ª conxugación: plantar, sementar, bailar, saltar.
2ª conxugación: comer, chover, temer, beber. 
3ª conxugación: vestir, subir, saír, vivir.

4.-
novo ⇒ vello         
aburrido  ⇒ divertido
inverno  ⇒ verán
morrer  ⇒ vivir
  ir ⇒ vir
áspero  ⇒ suave
consoante  ⇒ vogal
visible  ⇒ invisible


CORREXIMOS SOCIAIS

FICHA: DESCENSO DO SELLA



Unidade 5
1.
É unha carreira en piragua de 20 km que se celebra no río Sella, desde Arriondas a Ribadesella.
Celébrase o primeiro sábado de agosto.
A orixe foi unha excursión en piragua que uns amigos realizaron en 1929.
Son abundantes.
É abundante.
2.
Caudal: cantidade de auga que leva un río.
Curso: percorrido que fai o río desde o nacemento ata a súa desembocadura. Desembocadura: lugar en que desemboca o río
3.

4.
Ao curso medio ou baixo

Porque o leito é largo e leva un abundante caudal, que discorre por un terreo chan. 

MIrade e escoitade un río no curso alto (no medio vese moi pouco).









































































MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...