martes, 16 de junio de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES E XOVES, 17, 18 DE XUÑO

Bo día !

Os gatos quedáronvos chulísimos!!

Máis relaxados , non?

Merecedes   o tempo de descanso e de ocio, despois do esforzo. 
Onte a profe Cris púxovos as correccións de Naturais que quedaban sen facer, digóvolo porque neste momento,  cando estou escribindo isto,  so un/unha de vós accedeu a  esa entrada, é por se non a vistes. Tampouco nada máis que cinco alumnos/as  viron as correccións que puxen eu, (téñovos contolados/as 😊😊). Bueno, se non mirastes é porque xa sabías que tiñas todo ben, ah que sí?

 Dicirvos que se durante o verán, queredes enviar algunha  noticia que vos gustaría  compartir cos vosos compañeiros /as, enviades o texto,  a foto, o que sexa ao meu correo e eu súboa ao blogue. Por exemplo, cando vos nazan as fresas, ou outra nova calquera que vos faga ilusión  que os demais a saiban.

No verán son vacacións , pero durante as vacacións lense libros divertidos ( de texto NON), por eso é importante que todos os días leades algún conto, capítulo dun libro, cómic... porque  o ler ademais de ser entretido, válenos para que durante o curso entendamos mellor todo.
Vouvos enviar  a Guía de Lectura do verán aos vosos correos e póñela no blogue, por se vos sirve para orientarvos  nas lecturas.

As notas, en xeral,  son boísimas , tiven  moi en conta o traballo que fixestes neste tempo de confinamento e fíxose media coas outras avaliacións. Enviaranse o venres, creo,  por Abalar. 



Para o ano que ven ides ter que aguantarme a min outra vez. Ao mellor a vós non vos fai moita ilusión pero direivos que a min si, porque este ano estiven moi contenta sendo a vosa titora.




Despois deste testamento (rollo patatero) imos coas últimas actividades.


 GÚSTAVOS O CINE, VERDADE?  



Pois imos ver  unha de libros!

Que vos pareceu?  Non se poden literalmente"comer" pero si devorar porque  todo, todo, todo está nos libros!! Si, sí en Internet tamén, pero para que haxa Internet tivo que haber libros .

Agora unha de fútboool!!



Un final  con algo de repelús, non?


Solución ás diferenzas



ATENCIÓN:

ATOPADE A XIRAFA QUE NON TEN XEMELGA , FIXÁNDOVOS NAS MANCHAS.



CURIOSIDADES  SOBRE AS XIRAFAS


  • Son animais mudos , non ten voz, so tosen para conquistar á parella.
  • A lingua de medio metro de longa, ademais de usala para coller cousas,  limpa as orellas e o nariz con ela para oir e ulir mellor.
  • Durmen entre 5 minutos diarios e 2 horas como moito.
  • As manchas de cada animal son diferentes das de outro.
  • En cada paso avanzan 4 metros ou máis.
  • ( ...)
BUSCA OS ANIMAIS QUE ESTÁN DEBAIXO.

LABERINTO


Xa sabedes que o ano pasado fixo 50 anos da chegada á Lúa  de Neil Armstrong, Edwin Aldrin e Michael Collins  na nave Apolo XI

Vós, a viaxar para alcanzar  estes astros.



MANDALAS

Son debuxos xeómetricos concéntricos que ten a orixe na India e din que nos axudan a  concentrarnos, a entreternos, a calmarnos, a ser pacientes, a manter o orden, a ser perseverantes, a prestar atención, a ser creativos... Cantas cousas!!

Escollede unha destas dúas (ou as dúas) e pintádea.
Se vos apetece enviádema, pero non ten porque ser hoxe nin mañán cando a teñades

Mandala de xirafa



Mandala dos unicornios




POR  ÚLTIMO,  CLICA:

REMATAMOS ESTE CURSO; PERO O VENRES  MIRAREDES PORQUE SE CADRA... HAI ALGUNHA SORPRESA.
 CHICOS, CHICAS : ATA QUE NOS VEXAMOS







No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...