lunes, 13 de abril de 2020

MARTES, 14 DE ABRIL DE 2020: CIENCIAS NATURAIS

  Ola amigos e amigas. Que tal de vacacións? Eu xa estaba desexando volver traballar, seguro que vós tamén, a que si?
  Pois imos ao chollo. Antes de vacacións pedinvos debuxos sobre o medio mariño. Recibín tes preciosos, que vos vou a mostrar. E aproveito para animar ao resto a que tamén manden os seus trablliños par que os compañeiros e compañeiras que están na casa podan ver o chulis que son. Os que recibín son:

   




Debuxo de Manuel






 Debuxo de Inés






Debuxo de Xoel








  A que están estupendos? Seguro que os do resto tamén han de estar. A próxima vez non sexades perezosos e enviadeos... 😉

  Se miráchedes un pouco o libro seguro que xa sabedes que agora nos toca un tema moi interesante: a materia. 
  Para entender  de que vai antes de nada imos ver un pequeno vídeo. Prestade moita atención porque pode parecer un chisco complicado. Pero se o vedes varias de veces seguro que o pillades.   


  Agora que xa tedes unha idea do que é a materia ides ler con coidadiño a páxina 96 do libro de texto. Se é preciso podedes lela máis dunha vez, fiandovos moi ben nas imaxes que aparecen.
  Cando rematedes de ler faredes os exercicios 1 e 2 da páxina 97. 
  O venres poñerei as correccións dos exercicios no blogue, non tedes que mandarmos ao correo. Traballade moito, vémonos o venres.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...