jueves, 2 de abril de 2020

VENRES, 3 DE ABRIL DE 2020


Ola chicos e chicas de 3º. Antes de nada agradecer os vosos debuxos. Están superchulis. recordade gardalos moi, moi ben. Non pode ser que ser perdan traballiños tan bonitos. Desta volta chegaronme tres debuxos de animais terrestres. O de Manuel, o de Inés e o de Sabela. Seguro que os que non me enviáchedes están igial de chulis. Imos ver estos tres:






Este é o debuxo de Inés, nel hai animais mamíferos, aves, réptiles e algún insecto. Inés debuxou animais domésticos e tamén salvaxes.




Este é o debuxo de Manuel,  podemos ver moitos tipos de animais: mamíferos, réptiles, aves, insectos,...




  Este é o debuxo de Sabela. como vemos é unha escea na sabana. Eu vexo mamíferos e aves. 






Correximos:
TRABALLA COA IMAXE: 
1.- No debuxo atopamos: aves (aguia, andoriña, e carboeiro), mamíferos (morcego, esquío, cervo e toupa), insectos (bolboreta e formiga), vermes (miñoca) e reptis (lagarta e serpe)
2.- Os mamíferos desprázanse camiñando, poden correr e slatar, pro o morcego voa. As aves voan, os réptiles e os vermes arástranse, as formigas camiñan.
ACTIVIDADES:
2.-

  • Non. Por exemplo as serpes e as miñocas non teñen extremidades.
  • Hai moitos, eu puxen: os morcegos, as bolboretas, os mosquitos, as moscas, as xoaniñas, as libélulas,...
  • Un animal arborícora é aquel que vive nas árbores.



"Traballa coa imaxe"(páxina82) e tamén a pregunta 2 da páxina 83.
  Se alguén quere facer un debuxo de animais terestres e mandarmo, eu estarei encantada de publicalo para que o vexan os vosos compañeiros e as vosas compañeiras. Recordade firmar os traballos

Traballamos:
  Hoxe imos falar sobre a fauna e a flora de Galicia. Antes de nada imos ver un pequeno vídeo sobre animais en perigo de extinción en Galicia. E moi importante evitar que se extinga unha especie animal, unha vez que esto pasa é imposible de recuperar. Por iso temos que facer todo o posible para que non pase. Espero que vos guste moito.



    Unha vez visto o vídeo ides ler as páxinas 84 e 85 do libro de texto. Aprendendo moi ben s especies vexetais e animais das que nos fla. Todas as especies vexetais das que nos fala e algunha animal coma o lagarto arnal e o pintafontes podemos atopalos en Carnota. Seguro que ti reparaches nelas algunha vez. Agora non podemos saír a buscalas, pero en canto remate o confinamento sería unha boa idea ir dar un paseo a ver que atopamos.
  Unha vez lido o tema copia con moi boa letra os recadros castaños e fai unha lista das plantas de Galicia e outra dos animais de Galicia. Sería estupendo qeu admáis dos nomes fixesea un debuxo de cada.

ORDENAMOS: Coloca na orde correcta estas letras e descubrirás sete nomes relacionados con especies naturais de Galicia:

R O T A T  I :_ _ _ _ _ _ 
M A R O C H I : _ _ _ _ _ _ _ 
I A U G A: _ _ _ _ _
L A N A R: _ _ _ _ _ 
L A  R B O C A L: _ _ _ _ _ _ _ _ 
O M E I R I A : _ _ _ _ _ _ _ 
P O N T E  F I S A N T: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ 
P R O D A: _ _ _ _ _ 

  Pois con isto e un un Fanta ata a volta de Semana Santa. Espero que disfrutedes moito das vacacións e que pronto podamos volver a vernos en persoa. Se queredes mandarme os vosos debuxos xa sabedes onde podedes facerlo.






ATA PRONTO !

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...