jueves, 28 de mayo de 2020

VENRES 29 DE MAIO DE 2020: VENRES ESPECTACULARES

Bo día a todos e todas!

Por fin é venres, o día da semana máis esperado. E a partir de hoxe con moito máis motivo, pois imos comezar hoxe unha serie de tres venres, os que quedan de curso, un pouco diferentes. En cada un faremos algo distinto co que espero que non so aprendades moito, senon que disfrutedes ... MOITÍSIMO.

Hoxe imos......ao circo!



Ocupen todos e todas as súas localidades e presten moita atención, porque o espectáculo comeza xa. (Preme abaizo á derita para velo en pantalla completa)


QUE É O CIRCO DO SOL?
O "Circo do Sol" é unha empresa canadense que se dedica á montaxe de espectáculos nos que combina danza, música e actos circenses de malabarismo, equilibrio sobre cordas, trapecios, barras,...
Ata agora estaban a realizar uns 270 espectáculos anuais por todo o mundo. A crise do covid-19 está a afectar tamén a esta empresa, que tivo que despedir á maior parte dos seus empregados.
Normalmente as entradas ao "Circo do Sol" son moi caras e difíciles de conseguir, este ano, por causa do confinamento esta compañía pon a disposición do público unha serie de vídeos coas súas actuacións. Estes vídeos estarán dispoñibles por tempo limitado, se che gustan aproveita e disfruta agora.

QUE SABES DO TEATRO?

Pon a proba os teus coñecementos sobre vocabulario teatral xogando a ese xogo.


QUERES APRENDER A MAQUILAR COMA NO CIRCO?
Presta atención a este vídeo no que os profesionais do c Circo do Sol danche unha clase de maquilaxe.


Se te atreves con esta maquilaxe non deixes de mandar foto para compartir....

TRABALLAMOS COAS MANS
Se tes o corpo con gañas de máis circo podes montar un monicreque de pallaso como este e divertir a toda a túa familia.


UNHA DE MALABARES
Pero se a ti de verdade o que che apetece son os malabares, prepara uns globos, tesouras, un funil e comida para paxaros, se non tes comida para paxaros podes empregar arroz. Agora presta atención ao tutorial: 


Agora que xa tes as pelotas, podes aprender un par de trucos básicos no seguinte vídeo: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...