jueves, 21 de mayo de 2020

VERNRES, 22 DE MAIO DE 2020: CIENCIAS NATURAIS

Ola chicos e chicas. Como vos quedou o debuxo das partes do corpo humano? 
O importante é que teñades moi clariño o nome de cada unha das partes do noso corpo.
Agora imos ver como imos cambiando cos anos. Recordades que  falamos moito disto na clase? Son cuestións moi faciliñas, todos e todas distinguimos moi ben a infancia, a adloescencia, a idade adulta e a ancianidade. A que si? Podes repasar as páxinas 10 e 11 do libro de texto, verás como xa o sabes todo.

Hoxe imos comezar con outro aspecto qeu tamén temos moi machacado na clase, as funcións vitais. Mira este esquema: 

A que mirando o esquema recordas  moi ben o que falamos das funcións vitais?
  • A funcións vitais son tres: nutrición, relación e reproducción.
  • A nutrición consiste en obter enerxía e materiais.
  • A relación consiste en captar información do medio e responder a ela.
  • A reproducción consiste en ter descendentes.
Pois hoxe o que vas facer e copiar nun folio o esquema das funcións vitais. Fíxate moi ben, é importante que pintes cada nivel dunha mesma cor, aínda que non teñen que ser as que puxen eu. Cando teñas feito o esquema se te apetece podes mandarmo e eu o publico no blogue, para que vexan os teus compañeiros e as túas compañeiras. Se queres podes facerlle algún debuxo.

AGUDEZA VISUAL. Axuda a este home a atopar os obxectos perdidos. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...