jueves, 18 de junio de 2020

FIN DE CURSO!!!

 OLA!!

Xa é o ultimo saúdo deste curso. 


Envieivos a REVISTA LIÑEIRAS  deste ano. Supoño que xa lle botarías unha ollada  para ver os vosos traballos ("Libros favoritos" e "Carteis de publicidade") e tamén os dos outros rapaces e rapazas porque hai cousiñas moi interesantes.



No Concurso de Borrajanchos  non houbo ningún premiado da nosa clase. Non sei se nos enviastes ou se non estaban tan ben coma os d@s gañador@s. Xa volos enviéi por  whatsapp, para que vos fixedes o que se valora  e así o ano que ven telo en conta.



MIRADE O SEGUINTE VÍDEO DE OUTRA "ERIA" (como dícía unha coñecida) ERA.






Este grupo tan curioso chamábase "Parchís", e era o que estaba de moda hai xa  bastantes anos entre os rapaces. Hoxe resulta un pouco anticuado, pero.  o tema ven que nin pintado porque:



POR FIN REMATAMOS O CURSO 
(DAMOS PUNTO = VACACIÓNS).


E certamente este ano temos ben merecidas unha boas vacacións. Este curso foi complicado para todos : para vós, para as vosas familias e tamén para os profes. Vós traballando sós diante dunha pantalla, as vosas familias facendo de profesores e profesoras sen deixar de ser nais, pais, avós, avoas, irmáns, irmás,... e os profes e as profes máis perdidos que un polbo nunha garaxe.
Sodes uns campións e campionas, eu estou moi orgullosa de todos e todas vós e síntome afortunada de contar cunha clase tan marabillosa. Vós tamén tedes que considerarvos afortunados por ter as familias que tedes, que tiveron que duplicar ou incluso triplicar o seu esforzo asumindo papeis que non lles correspondían. 
E por iso que hoxe non so toca recoñecer o voso esforzo, senon tamén agradecer o seu. E aínda que eles e elas saben o agradecidos e agradecidas que estades penso que non sería mala idea demostrarllo dalgunha forma. A min ocorreuseme facerlles uns diplomas. Vós saberedes a quen entregar o diploma de "Super....", tamén podedes decidir se entregar un ou varios. Eu déixovos un par de modelos para cubrir e vós xa decidides: 


O premio para o voso esforzo está nos boletíns, cunha notazas das que penso non ides ter queixa, e que gañáchedes a pulso. Tamén, e para que non vos sintades discriminad@s, ides ter o voso diploma, porque  este curso tamén o tedes merecido. Así que por favor, vaian subindo, virtualmante, por suposto, ao escenario a recoller cada un/unha o seu (antes deben completalo co seu nome e apelidos):






AGORA COMO FIN DE FESTA TEDES QUE ACTUAR CANTANDO EN VERSIÖN KARAOKE  " A SAIA DE CAROLINA"



Antes de rematar uns cuantos avisos:
  • En Abalar tedes os boletíns coas notas. Noraboa de novo!
  • Na páxina web do colexio están xa a vosa disposición: A revista "As Liñeiras", Nº 15, As historias gañadoras de "Mareando Historias", O vídeo do "III Jran premio de Borrajanchos" e a "Guia de lecturas recomendadas".  Xa vos enviei todo por correo ou en whatsapp
  • No voso correo tedes o modelo dos vosos diplomas  e os modelos de diplomas para os vosos familiares  por se os queredes imprimir.
  • Este blogue non vai pechar durante o verán, se queredes mandar debuxos, fotos, traballos,... gustosamente os publicarei.
  • A conta de correo e o meu teléfono están sempre disponibles para vós. 
  • E por último o máis importante: DISFRUTADE DO VERÁN TODO O QUE POIDADES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...