martes, 16 de junio de 2020

MARTES, 16 DE XUÑO DE 2020: CIENCIAS NATURAIS

















Bo día chicos e chicas, como xa sabedes quedan moi pouquiños días de clases, e hoxe vai ser a última de Ciencias Naturais de Terceiro.
Quero dicirvos que estiven moi contenta de ser a vosa profe este ano, que sodes unha clase estupenda e moi traballadora. Espero que vós tamén gardedes un bo recordo das horas que pasamos xuntos, e da profe que comía mazás mazás "pazpadilla". 
 Aínda que non nos dou tempo a rematar o programa, espero que polo menos quedasen claros alguns conceptos fundamentais que vos van servir de base para próximos cursos. Pero non vos preocupedes, cuarto é o mesmiño que terceiro, pero un pouquiño máis, e vós estades capacitados de sobra para pasalo con éxito. Se non recordo mal, quédanos unha fichiña por correxir, pos imos aló:

Correximos:

1.- 
  • O lombo está sostido pola columna vertebral.
  • A nosa postura debe manter o lombo recto.
2.- Rodear:lavar os  dentes co lombo recto,sentarse co lombo recto e apoiado no respaldo da cadeira e dobrar as pernas e non o lombo para levantar un obxecto pesado.
Estas son as posturas correctas porque manteñen o lombo recto e preveñen lesións na columna vertebral.

3.Riscar«Antes de durmir».
Hai que lavar as mans antes de comer, despois de ir ao baño e despois de xogar cunha mascota. 

4.- 
  • O lecer é o tempo libre.
  • Algunhas actividades de lecer pódense realizar a soas, e outras, con máis persoas.
  • As actividades de lecer poden ser educativas.
  • Podemos gastar parte do noso tempo de lecer cos videoxogos.
  • Cómpre durmir ben para estar descansado e cheo de enerxía.
  • Un neno de 3.a de Primaria debe durmir unhas dez horas diarias 
E agora si, amigos e amigas, temos que despedirnos ata o curso que ven. Recibide unha aperta "virtual" da profe Cris, e para recordar os bos hábitos saudables, vexamos este vídeo da nosa amiga "A Pantera Rosa"


E AGORA SI:



DISFRUTADE MOITO DO VERÁN.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...