lunes, 1 de junio de 2020

MARTES, 2 DE XUÑO DE 2020: CIENCIAS NATURAIS

Ola chicos e chicas? Convencidos e convencidas de ser doantes de maiores? 
Estou segura de que si, porque os nenos e nenas de cuarto sodes moi solidarios, e aínda que non vos gusten as agullas, ser doante fai que te sintas moi ben como persoa. 

Imos ver que tal vos saiu aficha que vos mandei. Espero que non vos parecese moi difícil, a min as que me chegaron pareceume que estaban moi ben.

Correximos:


1.-
  • O sangue é un tecido líquido de consistencia viscosa que flúe polo organismo.
  • Non, para doar sangue é necesario ter al menos 18 anos, é dicir, ser maior de idade.
  • Doazón voluntaria significa que ninguén obriga a outra persoa a doar sangue e faise so e un quere; doazón altruista significa que se fai polo ben doutros e sen esperar nada a cambio.
  • Resposta libre. Eu puxen: Eu son doante de sangue, para min é moi gratificante pensar que coa miña contribución axudo a salvar vidas.
2.- Na función de nutrición. Porque o sangue circula por todo o corpo (proceso de circulación) e transporta os nutrientes que obtén no proceso de nutrición, o osíxeno que intervén no proceso de respiración e as substancias de refugo que se eliminan no proceso de excreción.

3.- Aparello circulatorio: nutrientes, osíxeno, substancias de refugo.
     Aparello dixestivo: nutrientes.
     Aparello respiratorio: osíxeno.


     Aparello excretor: substancias de refugo.

Traballamos. 


Agora imos seguir traballando outro pouquiño sobre o corpo humano, desta vez máis centrados na función de relación. Se premedes no seguinte enlace ides ver as fichas que tedes que facer esta semana. Son para toda a semana, porque xa me dixo un paxariño que agora os venres tedes unhas clases moi "especiais" e non tocan Naturais. 
Non precidades imprimilas, basta que contestedes as preguntas, pero por se acaso mándovolas tamén ao correo.







































































E ANTES DE MARCHAR...  UN TOQUE DE HUMOR





No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...