miércoles, 10 de junio de 2020

TRABALLO XOVES, 11 DE XUÑO

Bo día chicos e chicas! 
Que tal? 
Xoel ten unha boa colleita de amorodos. De momento sete ou oito , ainda verdes, pero xa madurarán. Alguén máis ten amorodos?  Contade, contade...
Xoel podes enviarnos unha  foto da túa "freseira" e se hai algunhas máis con amorodos, animádevos!!
( Xa vedes que eu tamén teño que correxir: son amorodos , non fresas.

Imos  correxir e facer unha fichas.

MATEMÁTICAS
Corregimos página 13 de "Ponte a prueba"

1.1 
El coche y el avión los más utilizados.
1.2
El barco es el medio de transporte menos usado.
1.3
Barco< Autobús <Tren < Avión < Coche
1.4
En tren ⇒ 600 personas
En barco  ⇒ 200 personas
600 - 200 = 400 personas más  en tren que en  barco.
1.5
En avión ⇒ 1.000 personas 
En coche  ⇒ 1.600 personas 
1.600 - 1.000 = 600 personas menos en avión que en coche.
1.6
Más usados  ⇒ coche y avión
Menos usados  ⇒ barco , autobús,  tren.
!.600 +1.000 = 2.600 personas en coche y avión juntos..
200 + 400 + 600 = 1.200 personas en barco,  autobús y tren juntos. 
Viajaron más en los dos medios más usados: coche y avión

Trabajamos 
Acabamos la ficha , clica a continuación

Gráficas

LINGUA
Correximos ficha : O Gran Prix de Carrilanas  de Esteiro...

Sabela, Manuel, Inés:  gústanme as vosas carrilanas !!
1.
O Gran Prix de Carrilanas ten lugar en Esteiro.

  • Esteiro pertence ao concello de Muros.
2 Con esta celebrouse vinte e seis veces ( hai un erro porque non aparece nas opcións o 26).
3.
Imaxe dunha carrilana de Esteiro sacada de internet:






  • As características dunha carrilana son: creatividade e fabricación caseira.
4. Recorren tres quilómetros.
5.
As categorías son as da opción A:  rápidas , para nenos e lentas.
6. 
A min non me gustaría participar porque son algo vella e un pouco miedica. E  a vós gustaríavos participar?
Traballamos
Mirade a data abaixo de todo da noticia sobre as carrilanas e contestade : que edición ( número) será este ano 2020 (se é que o hai) O Gran Prix de Carrilanas de Esteiro ?

Imos facer outra ficha, clicade a continuación para facer a ficha.



SOCIAIS
Imos correxir a ficha que vos puxen o xoves pasado.

Unidade 3

Ficha 1 A representación da Terra

1. A imaxe da esquerda é un globo terráqueo,
e a da dereita, un planisferio.
2. • O globo terráqueo.
No planisferio.
Europa, África, gran parte de Asia e un pouco
de América.
Non se poden ver porque se encontran
en zonas opostas do planeta.
Todos os continentes e océanos.

Ficha 2 Os puntos cardinais

1. • Norte, sur, leste e oeste.
O Sol sae polo leste.
O Sol ponse polo oeste.
2. R. G. De arriba abaixo, segundo o sentido
das agullas do reloxo: norte, leste, sur e oeste.
As frechas deben debuxarse a partir do leste
e en sentido contrario ás agullas do reloxo:
desde o leste cara ao oeste.
3. Debe poñer rumbo: leste.

Traballamos 

Imos facer a última ficha de Sociais neste curso. Clicade a continuación

Descenso do Sella

Se queredes mirar o papagaio  clicade  a continuación. Está moi interesante.
O papagaio de xuño 

ATA MAÑÁ!! 
(É INCORRECTO EN GALEGO: "HASTA  MAÑÁN")


























No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...