lunes, 30 de marzo de 2020

MARTES, 31 DE MARZO DE 2020: CIENCIAS NATURAIS





  Ola chicos e chicas, como vai todo ?
Espero que vos esté gustando moito este tema dos animais e que non vos resulte moi difícil. Xa sei que traballar na casa ás veces é unha lata. Pero vós sodes moi intelixentes e sabedes que tedes que aproveitar moi ben o tempo para aprender moito.



    Como vos prometín aquí tendes os debuxos que me mandáchedes. estos son os de Xoel, Manuel e Inés. Supoño que os que non me chegaron estarán igual de chulos. A min estos tres encantáronme. Moitas grazas!








    Se o venres aprendimos un pouquiño dos animais acuáticos, hoxe imos aprender dos animais trrestres. Son os que viven sobre terra firme. Como veredes no libro respiran por pulmóns. Hai algúns que se desprazan camiñando, coma nós. Outros poden voar, outros reptan, outros saltan,...






  Traballamos:

Logo de ler con atención a páxina 82 do libro, fixándote moi ben no que nos di de cada animal dos que aparecen no debuxo, contestarás as dúas preguntas que aparecen no apartado "Traballa coa imaxe"(páxina82) e tamén a pregunta 2 da páxina 83.
  Se alguén quere facer un debuxo de animais terestres e mandarmo, eu estarei encantada de publicalo para que o vexan os vosos compañeiros e as vosas compañeiras. Recordade firmar os traballos.😜


RIMOS:





No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...