jueves, 23 de abril de 2020

LIBROS FAVORITOS

 LIBROS FAVORITOS DO ALUMNADO DE
TERCEIRO
ASTÉRIX EL GALO

O libro que máis me gustou foi   "Astérix el Galo".
É moi simpático porque os Galos sempre lle daban
 unha malleira aos Romanos, grazas a unha poción
 máxica.
Lino por primeira vez hai un mes. Ao principio non 
me gustou moito, pero dispois foime gustando máis
 e máis.
Recoméndolles aos meus amigos que lean"Astérix el Galo".😃😃😃😃😃                                                      
                                                                  Mateo Mayo Caamaño




                                                    
CONTOS BONITOS PARA QUEDARSE FRITOS
É a historia dun pai moi canso e unha nena coas pilas cargadas que non quería durmir e o papá cóntalle unha serie de contos moi bonitos e divertidos para  quedar fritos... e así pasa...quédanse durmidos os dous.

O conto que máis me gusta dos que lle conta á nena é un que se titula " Almorzo sorpresa". 
Conta a historia de dous nenos, Alba e Pedro,que son irmáns e lles queren dar unha sorpresa aos seus pais, preparándolles un almorzo sorpresa á mañá seguinte. Pero Alba e Pedro están toda a noite espertos planeando a sorpresa e á mañá seguinte quedan durmidos... outro día será!

Este libro gústame moito porque eu intentei facerlles un almorzo sorpresa a papá e a mamá, pero como eles espertan antes ca min, nunca o conseguín. Pero sigo intentándoo!!
                                                                                         
                                                                                          Sabela Siaba Sánchez


UN "PRINGAO" TOTAL

O meu libro favorito é de Diario de Greg, "Un pringao total". Este libro trouxéronmo os Reis Magos na casa da miña tía Mari e o meu tío Stuart que viven en Cee e xa o lin durante o Nadal. 

Nunca tivera un libro coma este, pero gustaríame ter a colección enteira.

O libro trata dun neno chamado Greg que comeza ao instituto. El é moi, pero que moi travieso. Pásanlle moitas aventuras. Ten un pai chamado Frank, unha nai chamada Susan; o seu irmán grande, chámase Rodrick, e o pequeno Manny. Ten un amigo, Rowley, que tamén é moi travieso. 

Hai moitas historias divertidas, pero a que máis me gustou foi cando en Halloween, Greg e Rowley foron a pedir chuches e encontráronse cunha pandilla de rapaces e fixéronlles burla. Escaparon e foron para a casa da avoa de Greg. Cando ían polo camiño , o pai de Greg tiroulles auga e molláronselles as chuches.

Fai moitas trastadas como meter calcetíns na roupa para parecer que ten músculos ou asustar aos nenos con vermes e dicir que non foi el.

Gústanlle os videoxogos coma a min. Encantaríame ler todos os libros de Greg!!!
                                                                      
                                                                                                        Manuel Lago Trillo



UNHA PARELLA DIFERENTE

O meu conto  preferido é "Unha parella diferente". Regaláronmo en Pascua cando era máis pequena. Lino máis de tres veces porque é moi divertido.

Trata dunha parella diferente porque son unha xirafa e un crocodrilo que vivían xuntos. Aos outros non lles gustaba esa parella porque era moi rara. 

Unha casa ardeu e a xirafa axudou  a sacar as persoas, pero non chegaba ao último piso. Así que o crocodrilo subiu  e foi sacando as persoas pola ventá.
O último en baixar foi o crocodrilo que non era capaz porque tiña medo. Pero pechou os ollos e saltou pola fiestra.
                                                                                       Inés Beiro Trillo




EL CLUB DE ELA NOS VAMOS DE GIRA
                                                                               
O meu libro favorito é "El club de Ela nos         
vamos de gira". A súa autora é Elaia.

Trata dunha nena que fixo un clube. Un día cando estaba coas súas amigas viron uns chicos. Foron a súa casa  e dixéronlles que estaban de xira por Miami.
Elas pedíronlles permiso aos seus pais e foron. Pasárono moi ben.

Gustoume porque a min encantaríame ir a Miami, e, tamén,  porque é moi divertido.

                                                                                                 Antía Ovies Lariño

                                             
DIARIO DE GREG   
  
Os meus    libros preferidos son os de "Diario de Greg".

Estes libros tratan da vida dun neno adolescente e da súa familia. Tamén contan todas as historias que lle pasan a Greg no instituto. 

Empecei a ler estes libros despois de ver a película, que trata do mesmo, na televisión . Dende aquela os meus pais empezaron a regalarme os libros, e agora estou facendo a colección.




Gústanme moito porque o neno é patoso e pásanlle cousas moi graciosas. Ríome moito.                   
                                                             Fabián Gómez Beiro
     








TIBURONES
y otros  depredadores marinos

Gústame porque é do mar e trata sobre animais. Empeceino a ver cando tiña sobre cinco ou seis anos. Trata de como viven os peixes, cangrexos e tiburóns. O que máis me gusta é que fala das distintas especies de tiburóns

          Xoel Riveiro  Caamaño                                              

  
                                             










No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...