Bos día a todos e a todas. Non percibides algo distinto no ambiente? A que si? Claro, é que hoxe é un día moi especial, hoxe é o Día do Libro.
E os días especiais hai que facer cousas especiais, non si? Pois eu hoxe propoño facerl A GRAN XINCANA DO LIBRO. Apetécevos? Pero claro, antes teredes que saber en que consiste. Pois moi atentos e atentas que aí vai a explicación:
- Imos facer 17 probas. Unha serán de habilidade, outras de memoria, de atención,...
- Con cada proba que pases (vós ides ser quen decida se está conseguida ou non. Podedes facer trampa, pero supoño que ninguén quere ser tramposo/tramposa ante si mesmo...) conseguirás unha letra, hai 17 letras distintas.
- Unha vez conseguidas as letras deberás completar tres palabras.
- Quen logre completar as palabras secretas conseguirá o diploma da xincana do día do libro.
- Por suposto podes pedir axuda á túa familia.
- As solucións, para que poidas correxir aparecerán ao final da xincana.
Anímaste a participar?
Pois, coloque o seu asento en posición, abroche o seu cinturón e prepárese porque despega esta trepidante:
GRAN XINCANA DO DÍA DO LIBRO
1.- Berenguela e o seu can Pelouro están convidados ao baile que dá no seu castelo o mago Merliño. Podes axudalos ti a atravesar o bosque de Tindarín?





15.-


Superando esta proba consegues a letra C
2.- Escribe o título de tres contos nos que apareza unha bruxa:
- .......................................
- .......................................
- .......................................
Superando esta proba consigues a letra L
3.- Cada ovella coa súa parella. Relaciona estas catro obras co seu autor/autora:
ROSALÍA DE CASTRO OS DOUS DE SEMPRE
MIGUEL DE CERVANTES HAMLET
ALFONSO D. R. CASTELAO DON QUIXOTE
WILLIAM SHAKESPEARE FOLLAS NOVAS
Superando esta proba consegues unha letra E
4.- A solución deste xeroglífico vaiche soar moito...


Superando esta proba consigues a letra R
5.- Unha proba de dición. Para superala terás que recitar de memoria sen trabucarte este trabalinguas:
Debaixo dunha pipa tinta
hai unha pita pinta;
cando a pita tinta pinga,
a pita pinta pía.
Superando esta proba consegues a letra U
6.- O 23 de abril celébrase o día de San Xurxo. Din que este santo foi quen de matar a un dragón que tiña atemorizada a toda unha aldea e liberar á princesa á que a fera tiña prisioneira. Para superar esta proba terás que debuxar e colorear un dragón, podes seguir as indicacións:
Superando esta proba consegues a letra T
7.- Soponcio de letras. Se queres escribir e ilustrar un libro probablemente precises este material, atopa estas 12 palabras nesta sopa de letras para superar esta proba.
Superando esta proba consegues a letra D
8.- Adiviña, adiviñanza:
Estou pensando, pensando,
de pensar vólvome tola.
Coa sogra da muller do meu irmán,
que parentesco me toca?
Superando esta proba consegues a letra S
9.- Fisonomía. Quen é quen? Debaixo destas suxestivas gafas agóchanse Daniel R. Castelao, William Shakespeare, Miguel de Cervantes Saavedra e Rosalía de Castro. Atréveste a desenmascaralos?

Superando esta proba consegues a letra M
10.- Unha de premio. Nesta proba non tes que facer nada. So disfrutar deste divertido conto "A pota que trota".
Superando esta proba consegues unha letra E
11.- Proba de creatividade. Na editorial C.E.I.P. de Carnota vaise publicar o libro "O mago Revirolo e o porco enmeigado" da escritora Bríxida Rexoubeira. Diseña ti a portada. Non esquezas incluír o título do libro, o nome da autora e o nome da editorial.

Superando esta proba consegues a letra V
12.- Desorde na biblioteca. Logo de facer limpeza na bilbioteca as letras dos títulos destos catro contos quedaron totalmente remexidas. Serás quen de poñelas en orde?
- O PAÑOR GIL _ _ _ _ _ _ _ _ _
- CANTINCE _ _ _ _ _ _ _ _
- NEVEN CABRAS _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
- PAN LUCRE _ _ _ _ _ _ _ _
Superando esta proba consegues a letra A
13.- Observa con atención e descubre oito diferencias entre estos dous debuxos:

Superando esta proba consegues unha letra E
14.- A lenda di que cando o cabaleiro san Xurxo matou ao dragón, do sangue do monstro xurdíu unha roseira. San Xurxo colleu unha rosa e agasallou con ela á princesa. É por iso que en Cataluña hai a tradición de agasallar todos os 23 de abril, día de san Xurxo, aos seres queridos cun libro e unha rosa. Pois ben, para superar esta proba deberás prestar moita atención ao seguinte vídeo onde se explica como fabricar unha rosa de papel. Logo probarás a facela ti, e unha vez feita agasallarás con ela a alguén da túa familia, claro que tamén podes facer unha para cada un dos teus familiares...
Superando esta proba consegues a letra I
15.- Agudeza visual. esta pobre nai quere comezar a preparar a comida pero non porque o seu fillo extraviou algunhas cousas no cuarto de baño. Podes axudarlle a localizalas?

Superando esta proba consegues a letra N
16.- A ver que tal andas de cultura literaria. Presta atención ás definicións e resolve este pequeno encrucillado.
Superando esta proba consegues unha letra E
17. E agora a última proba. Esta está pensada para descubrir a túa sensibilidade poética. Terás que completar o seguinte poema de Gloria Sánchez utilizando as seguintes palabras:
titiritonto, titiriteiro, titiritón, titiritelo, titiritolo
O MEU TÍO TIMOTEO
O meu tío Timoteo
titiritairo - ........................;
ten un bote tolo
titiritairo -........................ .
O bote tolo un timón,
titiritairo - ....................... ;
o timón un tarabelo,
titiritairo - ....................... .
E aquí rmata este conto,
titiritairo - ....................... .
Superando esta proba consegues a letra G
Ben amigos e amigas, chegou a hora da verdade. Xuntando todas as letras que fúchedes conseguindo seguro que sodes capaces de completar o nome do escritor, autor de "O inxenioso fidalgo don Quixote da Mancha" que finou un 23 de abril e ao que recordamos no Día do Libro.
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
Se fuches quen de superar con éxito as probas desta xincana. Noraboa, o diploma do Día do Libro xa é teu.
Non tés máis que imprimilo e cubrilo co teu nome e apelidos.
SOLUCIÓNS ÁS PROBAS:
1.-
2.-Por exemplo tres dos seguintes: Carapuchiña Vermella, Brancaneves, A casiña de chocolate, Rapuncel, ....
3.- Rosalía de Castro - "Follas Novas"
Miguel de Cervantes - "Don Quixote"
Alfonso D. R. Castelao - "Os dous de sempre"
William Shakespeare - "Hamlet"
4.- O M onte do P indo → O Monte do Pindo
7.-
8.- É a miña nai.
9.- Son: Rosalía de Castro
William Shakespeare
Daniel R. Castelao
Miguel de Cervantes Saavedra
12.- POLGARIÑO
CINCENTA
BRANCANEVES
RAPUNCEL
13.-

16.- 1-PEDRO, 2-TINTÍN, 3-CATALUÑA, 4-ANDERSEN, 5-BOLECHAS, 6-ELMER, 7-WILLIAM. 8-ABRIL, 9-CERVANTES, 10-OBELIX
17.- O meu tío Timoteo
titiritairo - titiriteiro;
ten un bote tolo;
titiritairo - titiritolo.
O bote tolo un timón,
titiritairo - titiritón;
o timón un tarabelo
titiritairo - titiritelo.
E aquí remata este conto,
titiritairo - titiritonto.
PALABRAS SECRETAS:
MIGUEL DE CERVANTES
SOLUCIÓNS ÁS PROBAS:
1.-
2.-Por exemplo tres dos seguintes: Carapuchiña Vermella, Brancaneves, A casiña de chocolate, Rapuncel, ....
3.- Rosalía de Castro - "Follas Novas"
Miguel de Cervantes - "Don Quixote"
Alfonso D. R. Castelao - "Os dous de sempre"
William Shakespeare - "Hamlet"
4.- O M onte do P indo → O Monte do Pindo
7.-
8.- É a miña nai.
9.- Son: Rosalía de Castro
William Shakespeare
Daniel R. Castelao
Miguel de Cervantes Saavedra
12.- POLGARIÑO
CINCENTA
BRANCANEVES
RAPUNCEL
13.-
15.-
16.- 1-PEDRO, 2-TINTÍN, 3-CATALUÑA, 4-ANDERSEN, 5-BOLECHAS, 6-ELMER, 7-WILLIAM. 8-ABRIL, 9-CERVANTES, 10-OBELIX
17.- O meu tío Timoteo
titiritairo - titiriteiro;
ten un bote tolo;
titiritairo - titiritolo.
O bote tolo un timón,
titiritairo - titiritón;
o timón un tarabelo
titiritairo - titiritelo.
E aquí remata este conto,
titiritairo - titiritonto.
PALABRAS SECRETAS:
MIGUEL DE CERVANTES






No hay comentarios:
Publicar un comentario