lunes, 20 de abril de 2020

MARTES, 21 DE ABRIL DE 2020: CIENCIAS NATURAIS

  Ola de novo, chicos e chicas. Como vai todo? Que tal ides entendendo os estados da materia? Que vos parece se anted de nada correximos os exercicios que propuxen o venres? Pois imos alo...

Correximos: 
  • Que lle pasaría ao globo laranxa se introducísemos máis gas? Se ao globo lle introducimos máis gas, dado que globo é de goma e, polo tanto, pódese estirar, o globo estiraría e se faría máis grande.
  • De que depende que cada globo teña unha cor diferente? Pois como a cor é unha propiedade da materia, a cor de cada globo depende da goma de que esté feito.
  • Que pasaría co aire que ten un globo se estourase? Pois pasaría que o gas que contén expandiríase polo aire.
Estdos da auga:
  • A auga está en estado sólido no iglú, na neve das montañas, na sarabia, nos cubos de xeo e no boneco de neve.
  • A auga está en estado líquido na regadeira, na peceira, no mar e na chuvia
  • A auga está en estado gasoso no vapor que sae da teteira, no vapor da plancha e nas nubes.

Traballamos: 
Que tal os exercicios? Espero que moi ben. Hoxe imos seguir traballando os estados da materia. Presta atención a este vídeo.



  Unha vez visto o vídeo  farás un debuxo onde apareza auga en estado sólido líquido e gasoso. 
  
MALDADE DE XEO:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...