Ola clase, como vai todo? Tedes un puquiño claro o que é a materia? Ben sei que é algo complicado, non vos preocupedes se vos custa un pouco. Cando volvamos a clase imos repasar todo, o caso é que vos sone.
Antes da nada imos correxir, e logo traballar un pouquiño.
Correximos:
1.- Substancia: plástico, auga, oro
Obxecto: mesa, nube
Non é materia: música
2.- A xerra contén unha maior masa de auga porque é máis grande e pode conter máis cantidade de materia ca o vaso. a xerra tamén contén un maior volume, é máis grande e ocupa máis espazo.
Traballamos:
Hoxe imos pararnos nos estados da materia (Páx 97).
Logo de volver a ler con moita atención as páxinas 96 e 97 vas a contestar as preguntas do recadro TRABALLA COA IMAXE. Non son difíciles, so tes que pensar un pouquiño.
- A auga está en estado líquido en:.............
- A auga está en estado sólido en:.............
- A auga está en estado gasoso en:...........
E por hoxe rematamos, que teñades un bo fin de semana.
Pero antes de despedirnos un toque de humor:



No hay comentarios:
Publicar un comentario