lunes, 11 de mayo de 2020

MARTES, 12 DE MAIO DE 2020: CIENCIAS NATURAIS



Como vai todo? Resúltanvos difíciles os exercicios? Espero que non moito. Xa vos dixen que non vos apuredes moito, que todo isto ídelo volver a dar en cuarto. 
E agora imos ver o que fixéchedes: 

Correximos:

RESUMO : Todos os obxectos que nos rodean están formados por materia. Cada tipo diferente de materia é unha substancia. 
Todos os obxectos teñen dúas propiedades: a masa e o volume.
A materia pódese encontrar en tres estados: sólido, líquido e gasoso.
a auga encóntrase na natureza nos tres estados. O paso dun estado a outro recibe o nome de cambio de estado. 
Os sólidos, os líquidos e os gases teñen diferentes propiedades.
Distinguimos dous tipos de substancias: as mesturas, que están formadas por varias substancias diferentes e as substancias puras, que están formadas por un só tipo de substancia.

1.- Hai tres cullerees, unha lámpada e unha mesa.
     As culleres están fabricadas de madeira, plástico e metal.
     A luz que podemos percibir na imaxe non é materia.

2.- A materia é o que forma todos os obxectos.
     Unha substancia é un tipo de materia.
     A masa é a cantidade de materia dun corpo.
     O volume é o espazo que ocupa un corpo.

Traballamos. 

Agora vas facer esta ficha mirando polo libro. Vai chegarvos tamén ao correo por se queredes imprimir e cubir. Se non tedes impresora non fai falla que copiedes as pregutas, basta escribir as respostas no caderno.

SEN PALABRAS:








No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...