Que tal ?
Primeiro, dicirvos que o de Sociais de onte non se corrixe o venres porque ese día non temos clase de Sociais , corríxese o xoves, poque o mércores non imos dar Sociais.
Xa fixestes "Mareando historias"? Haino que ir facendo, non podemos esperar ao último día! porque despois ainda o hai que pasar a ordenador...
As fichas dos insectos xa están publicadas.
Vistes o conto de "As pitas baixo a choiva" Hai xogo de palabras "todos quedaron mollados coma pitos". A min gustoume porque cando eu era pequena, as galiñas andaban ceibas (soltas) por fóra e cando chovía púñanse pingando coma pitos😃😃.
Vedes, nas imaxes, a letra da canción que fixo o profe Daniel? . É un artista!! Xa vola enviei por whatsapp.
LINGUA
Traballamos
Agora ides a ver estes vídeos sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero
Despois de ver os vídeos ides ler o seguinte texto e facer as dúas páxinas seguintes . Todo esto está en este enlace seminariogalan.org .Se ides aí , despois tedes que ir a Documentos para imprimir e logo a 3º de Primaria e podes imprimilo. Se non tendes impresora, mirades por aqui ou por o enlace e facédelo na libreta pondo o número de exercicio e de título "RICARDO CARVALHO CALERO
seminariogalan.org
LENGUA
Corregimos páginas 105 ,106
¿Qué tal el dictado? ¿Tuvisteis muchas faltas?
Ya sabéis que las palabras en las que tenéis falta, debéis copiarla bien después.
¿Entendisteis bien los verbos? si, ¿verdad? Son muy fáciles, además ya hablamos muchas veces de ellos en clase.
1.-
2.- Los verbos se conjugan. Ejemplo: yo dibujo, tú dibujas, él dibuja... Los nombres no se pueden conjugar. Ejemplo: yo mujer, tú mujer; esto no se puede decir, es un disparate, no tiene sentido
Trabajamos
Página 151, ejercicios 4, 5, 6
Para rematar podedes ver o seguinte vídeo:
O VÍDEO QUE VOS PROPOÑO PARA VER É O KAMISHIBAI DE "A BRUXA REGAÑADENTES" REALIZADO E INTERPRETADO POLO ALUMNADO DE 6º CANDO ÍA EN 4º . ESTÁ MOI BONITO. MIRÁDEO!
KAMISHIBAI 2017-2018 4º DE EDUCACION PRIMARIA . BUSCÁDEO NA PÁXINA WEB DO COLE:
CLICANDO A CONTINUACIÓN
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota
No hay comentarios:
Publicar un comentario