lunes, 4 de mayo de 2020

MARTES, 5 DE MAIO DE 2020: CIENCIAS NATURAIS

 Ola, chicos e chicas. Canto tempo sen ter clase de Naturais. Ya nin vos acordaredes do que fixemos o martes pasado. eu si, fixemos unha ficha que imos correxir xa para poder seguir adiante. Preparados e preparadas que comezamos:

Correximos: 
1.- Orixe animal: la, coiro, seda
      Orixe vexetal: madeira, algodón, cánabo
      Orixe mineral: granito, mármore, ouro.
2.- A madeira e o granito podense utilizar tal como se atopan na natureza,  con lixeiras transformacións. O algodón e a la precisan procesos de transformación en fíos que permitan o seu uso.
3. Trátase de rochas, un material de orixe mineral, que se extraen de canteiras abertas no terreo. Logo córtanse e púense e utilízanse par aconstruír casas, pontes, muros,...

Imos ir rematando este tema. Eu ben sei que non é moi fácil, pero non te apures, o asunto é que che soen as cousas, o ano que ven xa as traballaremos máis a fondo. Hoxe imos tatar o tema das mesturas e as disolucións. Atopei este vídeo que penso que o explica moi clariño. Podes velo un par de veces antes de pasar a traballar co libro.





  Agora que xa tes unha idea vas ler con moita atención as páxinas 102 e 103 do libro  e facer os exercicos 1 e 2 da páxina 103.

DESCUBRE: Nesta foto atópase una animal agochado. A ver se es quen de localizalo antes de que te ataque...



No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...