Vistes a convocatoria do Concurso de Borrejanchos? Está na páxina web do cole, pero tamén a hei de poñer aquí no blogue.
Para os que aínda non o saben os traballos de Música e Plástica están na páxina web e hainos que enviar ao seguinte correo: daniaulamusica@gmail.com
A que xa tendes aquí é a convocatoria de "Mareando historias" Lede ben as bases e mañán xa vos explico.
Como vos foi cos reloxos? Ides entendendo a hora? Xa a entendías antes?
A ver se practicando e practicando acabamos todos e todas entendendo ben os reloxos.
Comezamos
MATEMÁTICAS
Trabajamos
Páginas 188 y 189, ejercicios 1, 2, 3. No es necesario que hagáis los relojes; en el número 2 podéis poner :
Las 8 y cinco ⇒ aguja pequeña en las 8 y la aguja grande en el 1.
Libro de Matemáticas "PONTE A PRUEBA", página 10, los dos primeros problemas.
LINGUA
Correximos páxina 139
2.- (oral)
O poema ten 12 versos e 3 estrofas
Riman o 2º verso e o 4º de de cada estrofa:
1ª estrofa: riman sol e flor.
2ª estrofa: riman recoller e mel
3ª estrofa: riman mandilón e aguillón
3.- (escrito)
_ Quen vive na leituga?
_ Unha lesma e unha eiruga.
_ Quen vive no pemento?
_ Un vermiño picoxento.
_Quen vive no xirasol?
_Un fermoso papasol.
_ E quen vive na cebola?
_ Un tabán que move a cola.
Riman todas as letras vogais e consoantes :
leituga e eiruga; pemento e picoxento; xirasol e papasol; cebola e cola.
Ten catro estrofas de dous versos cada unha , polo tanto oito versos.
Páxina 141
4.-
_ Bos días! Teñen zapatos de crocodilo?
_Non, síntoo. Non temos.
_ Vamos crocodilo, que aquí non teñen zapatos para ti.
_ Mamá, mamá! Hai un home berrando na rúa. Tés algúns cartos para darllos?
_ Vale, filla, toma. E que é o que grita?
_Xeados, xeados, vendo xeados!
6.-
O arco da vella O arco da vella
no ceo subido, é un arco triunfal
co seu colorín, con sete guerreiros
co seu colorido. que a ninguén fan mal.
O arco da vella O arco da vella
con sete colores de luz feito é.
que teñen, no ceo, Resulta un milagre
beleza de flores. que siga de pé.
Manuel María
7.-
- Ten dezaseis versos e catro estrofas .
- A rima está marcada no poema en negrita.
- O verso que se repite é: "O arco da vella"
8.-
Exemplos de rimas:
con flor rima: color, sabor, calor, pavor, temor, solpor...
con triunfal rima: animal, recital, fenomenal, fatal, señorial...
con vella rima: tella, cella, coella, camella, parella, ovella...
Traballamos:
Páxina 143, exercicios 1, 2. Estes exercicios facédelos na libreta, pero seguindo o modelo que esta aí.
SOCIAIS
Correximos páxinas 96, 97
Os esquemas non se ven iguais porque os teño que facer con outro programa e dispois a insertalos no blogue cambian (estou aprendendo)
Traballo é calquera actividade, que realizan as persoas para obter diñeiro a cambio,é dicir, un soldo.

Traballamos
Páxina 97, exercicio 2.
Ides a poñer en que traballan vosos pais/nais e dicir a que sectores pertencen. Esto enviádelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario