lunes, 8 de junio de 2020

MARTES, 9 DE XUÑO DE 2020: CIENCIAS NATURAIS


Ola, chicos e chicas, como vai iso? Xa queda moi pouquiño para rematar as clases, dentro de nadiña van ser xa as vacacións e poderedes descansar un montón, aínda que xa me dixo un paxariño que moitos e moitas xa fúchedes á praia. Que sorte! Eu de momento non fun nadiña. 
Agora imos traballar un pouquiño. Coma sempre, o primeiro é correxir:






Correximos: 

1.- Doíalle moito o brazo. Os pais levárona a urxencias.
b) Cando lle puxeron a vendaxe de escaiola.
c) Durante un mes e medio. Mentres a leva, ten que 
mover moito os dedos.
d) Unha radiografía é unha imaxe feita mediante raios X. Serve para observar os ósos e detectar unha lesión. 

2.- a)  Chámase Laura, porque é o nome que está escribindo na escaiola de Marta.
b)   Arriba aparecen os pais de Marta, unha muller e un home adultos, máis ou menos da mesma estatura.  A nai é delgada e ten o pelo longo; o pai é máis robusto e ten pelo curto con entradas. Marta ten o pelo longo, é delgada e, ao estar sentada coma os seus pais, non se aprecia ben a diferenza de altura con eles. A médica é unha muller nova, de constitución normal e co pelo longo recollido. Abaixo aparece Marta con Laura e un compañeiro. 
Os tres teñen unha constitución e altura parecidas; Marta ten o pelo longo e solto, coma na imaxe superior; Laura teno recollido nun moño e o neno teno curto.
c)  No debuxo superior Marta aparece triste. Vense unhas liñas, como raios saíndo do brazo, que indican que sente dor. No debuxo de abaixo Marta aparece contenta mentres que Laura lle asina na escaiola.
d)  Si, parécese á súa nai, excepto o nariz e a boca, que son coma as do seu pai. Parécese porque, cando os pais se  reproducen, os fillos parécense a eles. 

3.-  A resposta correcta é a terceira: Nunha extremidade superior.

4.- Sentir dor ao levar un golpe forma parte da función de relación. Esta función consiste en recibir información do noso arredor e responder a ela de forma adecuada.
A función de nutrición permítenos obter a enerxía e os materiais que necesitamos para vivir. Mediante a función de reprodución as persoas teñen fillos que se parecen aos pais. 

5.- 
a)
 1. Os ollos ven vir o disco voador. 
2. Os nervios ópticos levan a información ata o cerebro.
3. O cerebro calcula como atrapalo. 
4. O cerebro emite ordes aos brazos para atrapalo.
5. Marta ergue a man e atrapa o disco ao voo.
b) Función de relación.
c) O sistema nervioso, os órganos 
dos sentidos e o aparello locomotor.

6.- 

  •  Os ollos.
  • Os oídos.
  • A pel.
  • Os ollos 

Traballamos: Imos facer unha fichiña moi sinxela, sobre hábitos saudables.  

PREME  a continuación:

Hábitos saudables


DESAFÍO: ATOPA 8 DIFERENCIAS EN MENOS DE CATRO MINUTOS:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...