domingo, 7 de junio de 2020

LUNS, 8 DE XUÑO DE 2020: HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE, EN DIFERIDO.

Bos días chicos e chicas, seguro que pensastes que ás profes Lola e Cristina pasáraselles   que o venres pasado, o día 5 de xuño, foi o día do medio ambiente. Pois non, o que pasou foi que nos pareceu mellor celebrar o noso segundo "venres espectacular" e  pasar o día do medio ambiente para hoxe luns. Por iso, hoxe imos celebrar o noso:

Día do medio ambiente, en diferido



Para entrar en materia imos ver estos dous vídeos que nos van facer pensar:




A que ver estos vídeos deixovos con moitas ganas de traballar para mellorar a situación.?Pois se queredes colaborar a frear o deterioro mediambiental do noso planeta, podes comezar por.


Aplica a "lei dos tres erres":


Catro xeitos de reducir no día a día:


  • Planifica as túas compras: fai unha listaxe. Axudarache a saber o que realmente necesitas, evitarás mercar produtos aos que non lle vaias dar uso e aforrarás diñeiro. 
  • Escolle os produtos que teñan menos embalaxes.O envoltorio a miúdo encarece o produto e xera un residuo innecesario. 
  • Ten en conta que os produtos de usar e tirar (coitelas de afeitar, pratos de plástico...) poden parecer cómodos pero xeran un gran volume de residuos e máis gasto para os nosos petos. 
  • Cando vaias á compra non esquezas o teu carriño ou a saca. Rexeita as bolsas dun só uso. 

 Catro xeitos de reutilizar no día a día:


  • As botellas grandes de refresco poden empregarse como botellas de auga. 
  • Fronte aos envases plásticos e bricks, é preferible mercar bebidas en envases de vidro que se poden recuperar numerosas veces.
  • Na casa temos productos en bo estado que xa non utilizamos: roupa que nos quedou pequena, xoguetes de hai tempo,... Doalos a xente que os precisa é un estupendo xeito de darlles nova vida.
  • Coa roupa que xa está gastada podemos facer trapos para a limpeza.

 Como reciclar de un xeito efectivo:
  • Coñece cantos tipos de colectores hai e que podes depositar en cada un.
  • Fai unha boa separación dos residuos na túa casa.
  • Deposita cada tipo de residuo no colector correspondente.
E para por en práctica esta sinxela lei, hoxe propoñemosvos tres sinxelas actividades:

1.- Elabora un cartel explicativo sobre os tipos de residuos e os seus colectores. cando o teñas elaborado podes colocalo na cociña para orientar á túa familia. Podes seguir este modelo ou diseñar un ao teu gusto.



2.- Controla o tempo que invirtides na ducha ti e os teus familiares. Para iso podes facer,  coa axuda dun adulto, este reloxo de area:  


3.- Inspírate neste vídeo  unha nova vida ao que xa non uses, para algún dos proxectos precisarás a axuda dun adulto.  


4.- Conciencia á túa familia interpretando esta preciosa canción de María Fumasa:


RECORDA: 


Para cambiar o mundo tes que cambiar ti mesmo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...