jueves, 4 de junio de 2020

VENRES, 5 DE XUÑO DE 2020: VENRES ESPECTACULARES 2

Bo día a todos e a todas!

Estas actividades preparounas a profe Cristina.  Ela  é a que lles fala aos  seus alumnos e alumnas de Roald Dahl. Roal Dalh é o autor de Superzorro e outros libros moi coñecidos. Creo que algún /nha de vós leu Superzorro.



Bos días amigos e amigas. Por fin é venres de novo! E de novo imos ter o noso venres espectacular. O venres pasado fomos ao circo e hoxe,

Hoxe imos......ao cine!



Xa sabedes que Roald Dahl é un dos meus escritores favoritos, e penso que de moitos e motas de vós tamén. Hoxe imos ver unha película baseada nun dos seus libros máis populrees: "Matilda".
Ao primeiro soa un pouco rara, porque a versión que atopei completa está doblada para América latina, así que o acento e algunha palabra varían do castelán que emprgamos nós. Pero como todos e todas sodes moi espabilados e espabiladas, seguro que enseguidiña colledes o punto.
Poñédevos cómodos e cómodas, apagade as luces, e disfrutade de : 




Preme no libro para acceder ao vídeo, e non esquezas seleccionar pantalla completa  para disfrutar desta marabillosa película.


Gustouche? Espero que moitísimo. Se é así tal vez che apeteza facer algunha das seguintes actividades:

Preme a continuación:
  




E AQUÍ REMATA ESTE VENRES ESPECTACULAR.
 DISFRUTADE MOITO A FIN DE SEMANA. VÉMONOS O LUNS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÁIS AMORODOS: OS DE INÉS

OLA! Vaia colleita estamos tendo! Nesta ocasión son os de Inés. Eu creo que cos dos tres que enviastes casi podíamos facer unha tarta.  A ...